Skip to content Skip to footer
Obradoiro de hibridación sectorial – viratec - 2026

Circularidade.

Biotecnoloxía.

Alimentación.

Un encontro organizado por Viratec – Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular para poñer en valor as ideas e transformalas en proxectos de circularidade. O lugar axeitado para atopar o xermolo do que agromar o teu novo proxecto.

Obradoiro de hibridación sectorial – viRATEC-2026

Sobre o obradoiro

Viratec impulsa un espazo de acompañamento e exploración de ideas e capacidades con potencial para mudar en proxectos con futuro, da man  do Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida de Galicia (Bioga) e do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga).

Descubre

Atoparás inspiración noutros casos de éxito nos sectores biotecnolóxico e alimentario

Conecta

Crearás vínculos con outras empresas clave do sector.

Constrúe

Traballaremos en conxunto para facer tanxibles as solucións a retos particulares

Comparte

Porás en común a túa perspectivas para aportar valor aos proxectos desde a túa experiencia e capacidade

Que atoparás no obradoiro de Viratec?

*

Dinámicas participativas de xeración de ideas para proxectos con opcións de financiamento.

*

Casos de éxito e aprendizaxe cruzada Viratec-Clusaga-Bioga.

*

Realizaremos dinámicas presenciais para xerar proxectos colaborativos.

*

Finalizaremos cunha sesión de presentacións keynote e elevator pitch, pílulas empresariais e reunións B2B. Esta sesión realizarase de forma conxunta tanto cos participantes de Viratec como cos participantes de obradoiros de hibridación impulsados por Bioga e Clusaga.

Programa

A estrutura do obradoiro divídese en catro sesións, combinando unha presentación online con tres sesións presenciais orientadas á participación activa.

19 febreiro
Presentación online (10:00h)

Presentación do Obradoiro, explicando tanto o propósito como as sistemáticas de traballo das vindeiras sesións.

16 marzo
Edif. Feuga -Santiago (10:00h a 14:00h)

Presentación de diferentes tecnoloxías do sector alimentario. Valoraremos conxuntamente posibles aplicacións para cada un dos asistentes e xeraremos dinámicas grupais para definir e concretar oportunidades de colaboración.

14 abril
Biopolo da Sionlla (10:00h a 14:00h)

Dinámica similar á sesión anterior, na que se coñecerán novas oportunidades tecnolóxicas no ámbito da biotecnoloxía de cara a concretar novas oportunidades desde a industria alimentaria.

22 maio
Evento final + Networking 10:00h a 15.30h

Evento final en Santiago de Compostela, onde exporemos os proxectos detectados nas anteriores sesións e marcaremos os próximos pasos para convertelos en oportunidades reais. 

Inscríbete

Organiza
Viratec
Financia
IGAPE
Colabora
ingenyus*-logotipo